PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN CATÓLICA

IES SARDIÑEIRA  – A CORUÑA

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

A RELIXIÓN CATÓLICA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.

1. Valor formativo da materia
O ensino relixioso contribúe á calidade da educación dende a proposta e desenvolvemento duns coñecementos, valores e actitudes que conforman o seu propio currículo. A opción confesional católica faino desenvolvendo especialmente a capacidade transcendente do alumno, presentando a proposta de Xesús de Nazaret de tal modo que poida dar sentido á súa vida e iluminar o fundamento daqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria. Ademais, ofrécese unha formación significativa acerca das demais confesións relixiosas, subliñando de modo especial o traballo conxunto que realizan a favor da convivencia, a xustiza e a paz no mundo.
Non podería existir unha formación integral e, xa que logo, unha educación de calidade, se non se desenvolvesen todas as capacidades inherentes ao ser humano, entre as cales se atopa constitutivamente a capacidade transcendente. Esta capacidade básica do individuo adquire o seu auténtico cumprimento na procura do sentido último da vida. Enraizada no máis profundo do ser, o alumno vai descubríndoa ‑tendo en conta os niveis de aprendizaxe propios de cada idade‑ nas manifestacións relixiosas e culturais do seu contorno, no progreso e humanización do propio ser humano, nas linguaxes da Biblia, nos modelos cristiáns de referencia e, particularmente, na persoa de Xesús Cristo e a súa presenza na comunidade cristiá.
A formación relixiosa e moral católica conta cunha longa tradición no sistema educativo español e, respondendo a razóns profundas da institución escolar e a dereitos humanos recoñecidos pola Constitución española, está garantida actualmente polo Acordo subscrito entre o Estado español e a Santa Sé sobre Ensino e Asuntos Culturais, asinado o 3 de xaneiro de 1979, no cal se establecen os principios que fan posible as garantías constitucionais.
Atendendo ás competencias establecidas no citado Acordo internacional e recoñecidas na Lei, corresponde á Conferencia Episcopal Española fixar o currículo da opción confesional católica.
O currículo da opción confesional católica é unha síntese básica e global da mensaxe cristiá, adecuada á idade do alumno, ás esixencias epistemolóxicas da materia, ás expresións culturais do contorno e ás demandas didácticas do sistema educativo. Xunto con outras opcións, enmárcase nun contexto histórico e social, inclúe parte do grande acervo cultural e artístico que emana da fe católica e doutras confesións, e posibilita a análise comparada dos contidos e liñas básicas das grandes relixións vixentes.
O ensino relixioso católico contempla o fenómeno relixioso nas súas distintas dimensións. A opción confesional católica achega a súa propia perspectiva das mesmas:
A dimensión cultural e histórica está presente no ensino relixioso, dado que o patrimonio cultural, histórico e antropolóxico-axiolóxico que gran parte das sociedades reciben do pasado está vertebrado por contidos relixiosos. Neste sentido, a Relixión católica deu os seus froitos na arte, nos sistemas de significación moral, na creación popular e na acción social. Por iso, o currículo da opción confesional católica ensina a incidencia que o cristianismo ‑nos seus contidos doutrinais e as súas formas históricas‑ tivo e ten na cultura española e europea.
A dimensión humanizadora da opción confesional católica constitúe unha achega eficaz na maduración da personalidade integral do alumno, enraizando os mesmos obxectivos do sistema educativo nun núcleo referencial de ideas, valores e crenzas que permiten ao alumno dar resposta aos seus interrogantes máis radicais, facendo á súa vez posible a formación de homes e mulleres conscientes, críticos, libres e creadores. A formación relixiosa católica achega deste xeito unha cosmovisión que fai posible a apertura cara ao fundamento e o sentido último da vida e, xa que logo, ao sentido da ciencia, da cultura e da identidade mesma da persoa humana. Trátase de afrontar as grandes preguntas que o alumno se formula e axudarlle a atopar as respostas que poderá asumir como opción libre e persoal. É finalidade da escola que os alumnos logren o seu desenvolvemento persoal; o que non é posible sen unha conveniente fundamentación e orientación cara a un significado último e global da existencia.
A dimensión ético-moral explicita as esixencias morais que implica a mensaxe cristiá. Na opción confesional católica ofrécese un determinado xeito de ver a vida, en cuxa base se atopa un concepto de home, un núcleo referencial de ideas e crenzas, e a proposta dunha escala de principios e valores. O ensino relixioso católica expón, fundamenta e xerarquiza os valores e virtudes capaces de educar a dimensión moral e social da personalidade do alumno, en orde a facer posible a maduración na responsabilidade, o exercicio da solidariedade e da caridade. Todo iso, como expresión coherente do coñecemento de Deus revelado en Xesús Cristo.
A opción confesional católica preséntase no ámbito escolar, na súa estrutura epistemolóxica ou disciplinar, co carácter científico co que, na cultura universitaria, se abordan as ciencias da relixión e a teoloxía. Os seus contidos son saberes cunha fundamentación e unha metodoloxía científica propia, implantados con rigor e tradición nos Estados do noso contorno cultural. O seu estatuto epistemolóxico orixinal entra no ámbito educativo en confrontación e diálogo con aqueles outros tipos de saberes e racionalidade que operan na escola.
Na Educación Secundaria, a opción confesional católica ten en conta as características psicolóxicas propias da adolescencia. Nesta idade o alumno formúlase especialmente a actitude persoal ante o relixioso dunha forma máis racional e entra nunha fase de interiorización que axunta un descubrimento maior de si mesmo e unha capacidade crecente de abstracción.
2. Recursos didácticos
A materia observará e concretará os principios de carác­ter psicopedagóxico que constitúen a referencia esencial para unha formulación curricular coherente e integradora entre todas as disciplinas dunha etapa que debe respectar un carácter com­ún á vez que respectuoso coas diferenzas individuais. Son os seguintes:

A nosa actividade como profesores será considerada como mediadora e guía para o desenvolvemento da actividade construtiva do alumno. Terá como referente o desenvolvemento das competencias básicas da Educación Básica.
Partiremos do nivel de desenvolvemento do alumno, o que significa considerar tanto as súas capaci­dades como os seus coñecementos previos.
Orientaremos a nosa acción a estimular no alumno a capacidade de aprender a apren­der.
Promoveremos a adquisición de aprendizaxes funcionais e significativas.
Buscaremos formas de adaptación na axuda pedagóxica ás diferentes necesidades do alumnado.
Impulsaremos un estilo de avaliación que sirva como punto de referencia á nosa actua­ción pedagóxica, que proporcione ao alumno información sobre o seu proceso de aprendizaxe e permita a participación do alumno no mesmo a través da autoavaliación e a coava­liación.
Fomentaremos o desenvolvemento da capacidade de socialización e de autonomía do alumno.
Os contidos da materia preséntanse organizados en conxuntos temáticos de carácter analítico e disciplinar. No entanto, estes conxuntos integraranse na aula a través de unidades didácti­cas que favorecerán a materialización do principio de inter e intradisciplinariedade.

3. Relación cos contidos comúns transversais

O presente documento mostra integrados os contidos comúns-transversais nos obxectivos, nas competencias específicas, nos diferentes bloques de contido e nos criterios de avaliación. Deste xeito, entendemos que o fomento da lectura, o impulso á expresión oral e escrita, as tecnoloxías da información e a comunicación e a educación en valores, son obxectos de ensino-aprendizaxe a cuio impulso deberemos contribuír. Constitúen exemplos diso os seguintes:

Utilización das novas tecnoloxías para o tratamento da información.
Interese pola lectura de todo tipo de publicacións que acheguen á realidade global na que vivimos.
Estimulación do gusto pola lectura, a reflexión e o comentario de textos literarios e eclesiásticos de diferentes épocas, posicionamentos e autores.
Actitude de procura de canles comunicativas, creativas e persoais.
Respecto polas normas básicas que significa o feito relixioso.
Valoración da relixión como elemento sociocultural e como vehículo de trans­misión e creación cultural.
Valoración crítica das mensaxes que transmiten os medios de comunicación social e a publicidade, mostrando especial sensibilidade cara aos que supoñen unha discriminación so­cial, sexual, racial etc., e cara a aqueles que destacan o importante papel que a relixión xoga nas sociedades e na cultura.
Sensibilidade estética ante as producións artísticas, propias e alleas, arredor do tema relixioso, valorando os ele­mentos creativos e innovadores.

4. Relación coas competencias básicas

O carácter integrador da materia de Relixión católica, fai que a súa aprendizaxe contribúa á adquisición de varias das competencias básicas:

– A materia de Relixión católica contribúe á adquisición e participa na mellora da competencia en comunicación lingüística posto que propón a utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, como instrumento de aprendizaxe e como instrumento de regulación de condutas e emocións. Ademais, mediante as súas propostas de traballo, as súas actividades e os seus recursos fomenta a escoita e a conversación consciente dos principais tipos de interacción verbal, a comprensión e a comunicación, e promove o feito de saber verbalizar conceptos, explicitar ideas, redactar un escrito e expoñer un argumento.

A materia de Relixión católica contribúe á adquisición da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico xa que as súas formulacións buscan sempre que o alumno saiba interactuar co mundo físico, aprenda a interpretar os sucesos e predicir as súas consecuencias e perciba adecuadamente o espazo físico no que se desenvolve a vida e a actividade humana. Ademais, subliña a importancia que ten ser consciente da importancia do uso responsable dos recursos naturais.

A materia de Relixión católica contribúe á adquisición da competencia do tratamento da información e competencia dixital xa que promove que os alumnos saiban buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento. Saber acceder á información utilizando técnicas e estratexias diversas e dominar o uso das ferramentas das TICs como apoio de traballo constitúen tamén competencias importantes fomentadas por esta materia.

A materia de Relixión católica contribúe á adquisición da competencia social e cidadá xa que promove que os alumnos coñezan a realidade social, o seu pasado histórico e os seus problemas, saiban vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo no que viven e exercer a cidadanía democrática. Ademais, a materia busca que os alumnos sexan capaces de poñerse no lugar do outro, aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros, saber convivir e facelo de forma comprometida cos valores universalmente aceptados.

A materia de Relixión católica contribúe á adquisición da competencia cultural e artística xa que promove que os alumnos saiban apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, utilicen a cultura e a arte como fonte de gozo e enriquecemento persoal e aprecien a expresión de ideas, experiencias ou sentimentos de forma creativa.

A materia de Relixión católica contribúe á adquisición da competencia para aprender a aprender xa que promove que os alumnos sexan capaces de iniciarse na aprendizaxe e continuala de xeito autónomo, que saiban desenvolverse ante as incertezas, admitir diversidade de respostas posibles ante un mesmo problema, ser conscientes do que se sabe e do que queda por aprender e saber como se aprende e como se xestionan os procesos de aprendizaxe.

A materia de Relixión católica contribúe á adquisición da competencia da autonomía e iniciativa persoal, xa que promove que os alumnos saiban optar con criterio propio, saiban levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolver e facerse responsables das propias opcións e adquiran a capacidade necesaria para enfrontarse aos problemas. Ademais, a materia de Relixión católica busca que os alumnos adquiran valores como a dignidade, a liberdade, a autoestima, a seguridade dun mesmo, a demora da satisfacción, e sexan capaces de transformar as ideas en actos, de xerar ideas novas e posúan as calidades da autonomía, autoestima, perseveranza, responsabilidade, autocrítica, iniciativa e creatividade, ademais das habilidades sociais do respecto polas ideas dos demais, capacidade de diálogo e traballo cooperativo. Para rematar, os contidos desta materia de Relixión católica subliñan a importancia de que os alumnos teñan confianza en si mesmos, espírito de superación e a asunción de riscos, e sexan capaces de ter un espírito emprendedor e unha sa ambición persoal e profesional.

 RELACIÓN OBXECTIVOS DA ETAPA OBXECTIVOS DA MATERIA

OBXECTIVOS DA ETAPA

OBXECTIVOS DA MATERIA

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e, se a houber, na lingua cooficial da Comunidade Autónoma, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos demais, así como o patrimonio artístico e cultural.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.

l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

1. Coñecer e interpretar os distintos elementos que conforman o fenómeno relixioso na súa estrutura e a súa expresión histórica, como base de comprensión das distintas relixións.

2. Razoar as respostas que as grandes relixións dan ás preguntas do ser humano sobre a concepción do home e o seu destino último.

3. Coñecer a Biblia, na súa orixe, estrutura, finalidade e interpretación pertinente en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel, e como expresión da revelación de Deus Pai aos homes.

4. Coñecer os contidos do cristianismo que fundamentan a concepción do ser humano creado por Deus e destinado a ser fillo seu.

5. Identificar a Xesús Cristo como Fillo de Deus, salvador encarnado entre os homes, mediante o coñecemento e análise da súa mensaxe, a súa vida e a súa presenza polo Espírito Santo.

6. Analizar e valorar o sentido e finalidade da Igrexa en canto realización institucional do servizo de humanización e salvación que Cristo ofrece ao ser humano, e descubrir a súa achega aos procesos máis importantes da historia española e europea.

7. Coñecer e valorar a resposta dos crentes á mensaxe e acontecemento cristiáns, que se realiza na Igrexa.

8. Comprender e distinguir a acción salvadora de Cristo, e o carácter celebrativo de cada un dos sacramentos.

9. Descubrir os fundamentos racionais e revelados que xustifican o ensino moral da Igrexa católica, e orientan a relación do home con Deus, consigo mesmo, cos outros e co mundo.

10. Analizar as esixencias e compromisos dos cristiáns na súa relación con Deus, consigo mesmo e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade e nas grandes relixións.

11. Recoñecer e valorar os fitos máis importantes da fe cristiá na historia da Igrexa, nas grandes obras da cultura e nas súas festas, considerando tamén as achegas doutras relixións.

12. Analizar os principios que fundamentan a fe cristiá na vida eterna, valorando criticamente a proposta das grandes relixións.

 CONTIDOS DO CURRÍCULO DE 2º ESO

1. O fenómeno relixioso e a súa linguaxe. A busca de Deus e a súa expresión relixiosa, histórica, cultural e social.

2. A experiencia relixiosa como realidade antropolóxica. O sentido da transcendencia. As grandes preguntas do home onde se enraíza o relixioso.

3. A plenitude da experiencia relixiosa: o encontro do home con Deus. O cristianismo e a revelación de Deus nos acontecementos e palabras testemuñados pola Sagrada Escritura.

4. O mal e o pecado. A ruptura do home con Deus. O valor das mediaciones.

5. Xesucristo, verdadeiro Deus e verdadeiro home, Mediador noso.

6. Xesucristo revela ao home a súa orixe, a súa condición e o seu destino como fillo de Deus.

7. A confesión de fe na Encarnación, Morte e Resurrección de Xesús nas primeiras comunidades cristiás. A presenza de María no Misterio de Cristo.

8. A presenza viva de Deus na Igrexa, sacramento universal de salvación. A Igrexa continúa a obra de Xesucristo, animada polo Espírito Santo.

9. A fe e o seguimento. A santidade como meta de todo cristián.

10. Manifestacións da graza de Deus: orixe, finalidade e sentido dos sacramentos do Bautismo, a Reconciliación, a Eucaristía e a Unción dos enfermos. Relacións entre estes sacramentos e a vida humana.

11. A liturxia como expresión da relación de Deus cos homes e dos homes con Él. Orixe e actualidade. O valor da oración.

12. Moral das relacións do home con Deus: 1º, 2º e 3 er mandamentos.

13. Moral en relación coa verdade e a autenticidade persoal. A súa presenza nos medios de comunicación.

14. Compromiso dos cristiáns na construción da cidade terrestre e valoración das achegas doutras relixións.

15. A civilización do amor: Deus promete un ceo novo e unha terra nova.

 RELACIÓN ENTRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DO CURRICULO OFICIAL
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DO PROXECTO CURRICULAR

1. Detectar os principais elementos que constitúen o fenómeno relixioso e a súa expresión concreta no cristianismo.

2. Describir o sentido da vida que ofrece a experiencia relixiosa nas grandes relixións.

3. Razoar a responsabilidade persoal que leva consigo o pecado como dano contra si mesmo, contra os demais e como separación de Deus.

4. Explicar o sentido da fe cristiá como identificación con Xesucristo e a súa realización plena na vida eterna.

.

5. Saber utilizar a mensaxe dalgúns textos e acontecementos bíblicos para comprobar as manifestacións de Deus, e razoar que Xesucristo é verdadeiro Deus e verdadeiro home.

6. Saber interpretar a morte e resurrección de Xesucristo como fonte de amor, perdón, esperanza e novo nacemento para os fillos de Deus.

7. Especificar signos concretos da presenza e acción de Deus na vida da Igrexa.

8. Explicar as razóns polas que o cristián ama e celebra o amor de Deus como raíz da súa filiación.

9. Saber establecer relacións entre a vida humana e os sacramentos do bautismo, a reconciliación, a eucaristía e a unción dos enfermos.

10. Sinalar na liturxia a relación de Deus cos seus fillos e a resposta destes.

11. Saber identificar nalgunhas actitudes e situacións concretas os feitos que van contra a verdade.

12. Ilustrar con exemplos as accións sociais que a Igrexa realiza mediante as súas institucións.

13. Explicar por que, segundo a fe cristiá, o reino de Deus alcanzará a súa plenitude nun mundo novo, recreado por Deus.

Definir correctamente que é a interioridade.
Enumerar e explicar cáles son os elementos da interioridade.
Saber explicar que significa que “Deus é unha realidade que non a vai”.
Coñecer e expoñer de modo coherente como viviu Xesús a súa interioridade.
Analizar con criterio o equilibrio ou a ausencia deste entre interioridade e exterioridade na sociedade actual a partir de textos xornalísticos e maxisteriales.

Definir que é a relixión e saber cáles son os seus elementos comúns.
Explicar os aspectos que fan que o fenómeno relixioso sexa un fenómeno complexo.
Enumerar e coñecer o que significan as diferentes expresións e manifestacións da experiencia relixiosa.
Saber relacionar a relixión co sentido da vida.
Definir “maxia”, “superstición”, “idolatría” e “ciencias ocultas” no marco das manifestacións pseudo relixiosas.
Saber explicar en que consiste a diversidade relixiosa e o diálogo interrelixioso.
Definir correctamente os termos “salvación”, “pecado” e “graza”.
Saber enumerar e explicar os principais desencontros dos homes con Deus narrados na Biblia.

Explicar correctamente o significado dos diferentes artigos do credo referentes a Xesucristo.
Coñecer o significado de expresións como “Xesús, distinto do Padre”, “Deus fíxose home en Xesús”, “morreu por nós” e “resucitou para a nosa salvación”.
Saber explicar o papel de María nos principais momentos da vida do seu fillo Xesús.
Saber explicar coas propias palabras e expresións que significa que a Igrexa continúa, ao longo da historia e na actualidade, a obra de Xesús.

Coñecer o significado de Pentecoste.
Enumerar e explicar correctamente as principais características da primeira Igrexa.
Coñecer as imaxes coas que se describe á Igrexa.
Explicar que significa que a Igrexa se organiza para o servizo.
Definir os termos: “carismas”, “laicos, “xerarquía” e “relixiosos” relacionados coa Igrexa.
Coñecer e saber explicar a misión da Igrexa na actualidade.

Saber explicar a que chamamos “historia da salvación”.
Identificar as principais etapas da historia da salvación.
Coñecer os protagonistas da historia da salvación e o seu papel na época na que viviron.
Coñecer e enumerar as causas da morte de Xesús e o significado que á devandita morte lle deron os primeiros cristiáns.
Sintetizar de xeito persoal que significa que Xesús é nosa salvación.

Definir que é, como é, en quen se apoia, onde se vive e como se expresa o seguimento de Xesús.
Saber qué características definen o estilo de vida que nace do seguimento de Jesús.

Saber explicar que significa que a lectura do Novo Testamento, a integración nunha comunidade cristiá, o testemuño persoal doutras cristiáns e a vida interior son medios importantes para que se produza o encontro con Xesús.
Definir correctamente que significa: a graza, ser santo e estar chamado á santidade.
Coñecer o significado dos tres primeiros mandamentos que están á base da vida do seguidor de Xesús.

Describir a orixe e sentido dos sacramentos como don de Deus que obra a través da Igrexa.
Definir con precisión o significado das seguintes palabras: liturxia, celebración, sacramento, eucaristía, bautismo e reconciliación.
Coñecer o significado dalgúns símbolos e signos que se dan nas celebración litúrxicas cristiás.
Clasificar as principais festas do calendario cristián nun calendario anual.
Entender e saber explicar en que consisten os sacramentos do bautismo, a eucaristía, a reconciliación e a unción dos enfermos: rito, persoas, misión que confire, etc.
Identificar e distinguir o valor expresivo dos sacramentos para comprender o seu sentido na vida da Igrexa.

Explicar que son os MCS e qué relación teñen coa tarefa de ser un mesmo.
Coñecer cál é a valoración que fai a Igrexa dos MCS.
Saber diferenciar correctamente entre “liberdade de expresión” e “manipulación”.
Realizar unha xusta valoración das técnicas publicitarias.
Explicar que significa o convite de Xesús a vivir na verdade.
Saber definir os trazos fundamentais dunha persoa sincera, unha persoa auténtica e unha persoa honesta.
Enumerar e explicar cáles son as actitudes que non se axustan á verdade.

Enumerar os problemas (feridas) máis incitantes da humanidade.
Saber localizar algúns dos conflitos máis importantes do mundo na actualidade, dando razón das causas que os provocan.
Coñecer en que consiste o convite de Xesús a amar.
Saber explicar que significa construír o reino e qué actitudes sosteñen a devandita construción.
Saber dar razón do valor do compromiso cristián no mundo para suscitar actitudes responsables e solidarias en ben dos demais.
Enumerar algunhas das ONXs estudadas, dando razón dos seus fins e accións.

Saber diferenciar as diferentes concepcións temporais: tempo circular e tempo lineal.
Dar razón da esperanza que anima aos cristiáns ante a idea da fin do mundo.
Explicar que di Xesús sobre o reino, un reino presente e tamén futuro.
Explicar correctamente a actitude da esperanza cristiá e descubrir o seu sentido activo e non resignado, e o compromiso persoal e social que entraña a súa vivencia.

Saber explicar que significa “un ceo novo e unha terra nova” e qué responsabilidade teñen os cristiáns na súa construción.
Explicar o significado dalgunhas palabras ou expresións clave: morte, resurrección, esperanza, vida eterna, ceo, inferno, segunda vinda.

UNIDADES
DIDACTICAS
2º ESO
UNIDADE 1 – A relixión qué é e qué aporta

OBXETIVOS
1. Coñecer e interpretar os distintos elementos que conforman o fenómeno relixioso na súa estructura e a súa expresión histórica, como base de comprensión das distintas relixións.
2. Razonar as respostas que as grandes relixións dan ás preguntas do ser humano sobre a concepción do home e o seu destino último.
3. Analizar as esixencias e compromisos dos cristians na súa relación con Deus, consigo mismo e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade e nas grandes relixións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1 Detectar os principais elementos que constitúen o fenómeno relixioso e a súa expresión concreta no cristianismo.
1.2 Coñecer e interpretar os distintos elementos que conforman o fenómeno relixioso na súa estructura e a súa expresión histórica, como base de comprensión das distintas relixións.
2.1 Describir o sentido da vida que ofrece a experiencia relixiosa nas grandes relixións.
2.2 Razonar as respostas que as grandes relixións dan ás preguntas do ser humano sobre a concepción do home e o seu destino último.
3.1 Analizar as esixencias e compromisos dos cristianos na súa relación con Deus, consigo imemo e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedad e en las grandes relixións.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
–  Interpreta os datos estadísticos e os analiza desde a socioloxía relixiosa.
–  Relaciona os distintos tipos de linguaxes que usan as relixións e os sitúa nos seus contextos.
–  Aprecia as respostas dos compañeiros e da súa aportación ás preguntas relixiosas e de sentido.
–  Analiza e comparte as ideas que se ofrecen nos distintos testemuños da unidade.
–  Explica e confecciona un texto co significado das composicións poéticas e rituais das distintas relixións.

Social e cidadana
–  Averigua as relacións e as oríxes comúns que existen entre “as religións do Libro”.
–  Interrógase pola súa propia vida e polas respostas que se ofrecen ó sentido da vida.
Aprender a aprender
–  Extrae a información relevante dos epígrafes e dos datos que se ofrecen na unidad.
–  Aprecia as preguntas que se fai o ser humano e as respostas que proporcionan as relixións.
–  Elabora conclusións desde as propostas pola paz e o desenvolvemento das distintas relixións.

UNIDADE 2. . Una historia de salvación

OBXETIVOS
1. Razonar as respostas que as grandes relixións dan ás preguntas do ser humano sobre a concepción do home e o seu destino último.
2. Coñecer a Biblia, na súa orixe, estructura, finalidade e interpretación pertinente en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel, e como expresión da revelación de Deus Padre aos homes.
3. Identificar a Xesucristo como Fillo de Deus, salvador encarnado entre os hombres, mediante o coñecemento e análise da súa mensaxe, a súa vida e a súa presencia polo Espírito Santo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1 Describir o sentido da vida que ofrece a experiencia relixiosa nunha das grandes religións, o xudaísmo.
1.2 Razonar as respostas que o xudaísmo da ás preguntas do ser humano sobre la concepción do home e o seu destino último.
2.1 Coñecer a Biblia, na súa orixe, estructura, finalidade e interpretación pertinente en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel, e como expresión da revelación de Deus Padre aos homes.
3.1 Saber razonar o sentido da salvación do pecado e da morte que Xesucristo otorga ó crente.
3.2 Situar cronolóxicamente los fitos mais importantes da revelación de Deus que van preparando a encarnación do Fijo, e sinalar as fontes históricas sobre a vida e obra de Xesucristo.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
–  Relaciona os feitos históricos da Biblia coa visión redentora e relixiosa das Escrituras.
–  Establece paralelismos entre a visión bíblica da realidade e outras visións do mundo.
–  Comprende o significado dos conceptos revelación e salvación; aplicándoos correctamente.
–  Razona a importancia e influencia do pecado no desenvolvemento da historia da salvación.
–  Identifica os elementos soteriolóxicos e os sabe aplicar na comprensión das representacións artísticas e nos textos do maxisterio.
–  Interpreta os mapas e utiliza conceptos xeográficos para describilo.
–  Coñece a datación histórica e utilízaa na comprensión da unidade.

Aprender a aprender
–  Distingue as distintas respostas dadas na Sagrada Escritura ó plan de Deus.
–  Enumera e comparte os momentos de intervención de Deus na historia de Israel.

UNIDADE 3. Jesús, o Salvador

OBXETIVOS
1. Coñecer a Biblia, na súa orixe, estructura, finalidade e interpretación pertinente en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel, e como expresión da revelación de Deus Padre aos homes.
2. Coñecer os contidos do cristianismo que fundamentan a concepción do ser humano creado por Deus e destinado a ser fillo seu.
3. Identificar a Xesucristo como Fillo de Deus, Salvador encarnado entre os homes, mediante o coñecimento e análise da súa mensaxe, a súa vida e a súa presencia polo Espírito Santo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1 Saber relacionar a Xesucristo coas expectativas do Antigo Testamento.
1.2 Saber utilizar a mensaxe de alguns textos e acontecementos bíblicos para comprobar as manifestacións de Deus, e razonar que Xesucristo é verdadeiro Deus e verdadeiro home.
2.1 Razonar a responsabilidade persoal que conleva o pecado como dano contra sí mesmo, contra o próximo e como separación de Deus.
2.2 Explicar as razóns polas que o cristiano ama e celebra o amor de Deus como raíz da súa filiación.
3.1 Saber utilizar a mensaxe de algúns textos e acontecementos bíblicos para comprobar as manifestacións de Deus, e razonar que Xesucristo é verdadeiro Deus e verdadeiro home.
3.2 Saber interpretar a morte e resurrección de Xesucristo como fonte de amor, perdón, esperanza y novo nacimento para os fillos de Deus.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
–  Coñece formas actuais e da tradición coas que se expresa o misterio de Xesucristo.
–  Comprende a significación relixiosa que se lle dan aos distintos tratamentos lingüísticos sobre a Resurrección.
–  Describe os rasgos característicos da persona de Xesús, tendo en conta los distintos elementos da unidade e a variedade de concrecións xeográficas.
–  Le e interpreta os textos xurídicos e relixiosos que se usan na Paixón, morte e Resurrección de Xesús.

Coñecemento e interacción co mundo físico
–  Sintetiza todo a información referente ó misterio pascual.
–  Se interesa polas respostas ó misterio da Resurrección e polas interpretacións do maxisterio actual.
–  Coñece as representacións de Xesucristo en outras partes do mundo.

Aprender a aprender
–  Relaciona os distintos acontecementos da vida de Xesús coa interpretación cristiana dos feitos.
–  Comprende o desexo salvador de Deus a través da morte e Resurrección de Xesucristo.

Autonomía e iniciativa personal
–  Elaborar razóns para valorar a persona de Xesús e para comprender a súa importancia na vida de moitas personas.

UNIDADE 4. . A Igrexa de Xesús

OBXETIVOS
1. Identificar a Xesucristo como Fijo de Deus, Salvador encarnado entre os homes, mediante o coñecemento e análise da súa mensaxe, a súa vida e a súa presencia polo Espírito Santo.
2. Analizar e valorar o sentido e finalidade da Igrexa en canto realización institucional do servicio de humanización e salvación que Cristo ofrece ó ser humano, e descubrir a súa aportación aos procesos mais importantes da historia española i europea.
3. Comprender e distinguir a acción salvadora de Cristo, e o carácter celebrativo de cada un dos sacramentos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1 Saber utilizar a mensaxe de algúns textos e acontecementos bíblicos para comprobar as manifestacións de Deus, e razoar que Xesucristo é verdadeiro Deus e verdadeiro home.
1.2 Especificar signos concretos da presencia e acción de Deus na vida da Igrexa.
2.1 Razonar o fundamento da Igrexa comunión, os seus signos e as consecuencias na vida do crente pola acción do Espíritu.
2.2 Especificar signos concretos da presencia e acción de Deus na vida da Igrexa.
2.3 Describir os rasgos esenciais da fe das comunidades cristianas nos tres primeiros séculos, e a súa expresión no arte.
3.1 Razonar cómo os carismas e ministerios desenvolven a misión da Igrexa.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
–  Interpreta textos i enunciados teolóxicos para aplicalos a unha visión conciliar da eclesioloxía.
–  Le e comprende os textos bíblicos e teológicos con referencias ás notas da Igrexa.
–    Aplica os contidos teolóxicos e eclesiais dun texto á comprensión da orixe e a misión da comunidade cristiana.

Coñecemento e interacción co mundo físico
–     Entende o concepto de Pobo de Dios e Corpo de Cristo.
–     Interpreta textos provenientes de grupos eclesiais actuais.

Social e ciudadana
–  Identifica os grandes momentos de orixe da Igrexa narrados no Novo Testamento.
–  Coñece e valora a continuidade existente entre Cristo e a Igrexa.
–   Coñece os tres niveis de pertenza á Igrexa e a organización interna eclesial.
–    Coñece a importancia do Espírito na vida cristiana e na realización da misión da Igrexa.

UNIDADE 5. Seguir a Xesús

O encontro e a relación persoal con Xesucristo resucitado constitúen o fundamento da vida cristiá.

A oración persoal, a pertenza a unha comunidade, o testemuño de moitos cristiáns e o compromiso cos máis necesitados son os medios máis importantes para lograr o devandito encontro.

A chamada á santidade, ao seguimento de Xesús e os tres primeiros mandamentos remiten á relación do crente con Deus.

OBXECTIVOS

Descubrir que significa seguir a Xesús resucitado.

Afondar nas características básicas do estilo de vida que supón seguir a
Xesús.

Coñecer cáles son os medios máis importantes para que se produza o encontro con Xesús.

Afondar no significado da santidade, tanto na Igrexa primitiva como na vida actual da Igrexa.

Coñecer o enunciado, o significado e as connotacións vitais que teñen para os seguidores de Xesús os tres primeiros mandamentos.

Identificar a Xesucristo como centro e eixe da vida cristiá.

CONTIDOS

CONCEPTOS

• Seguir a Xesús é relacionarse con el.

• O estilo de vida que xorde do seguimento de Xesús.

• Medios importantes para o encontro con Xesús.

• Que significa ser santo. Chamados a ser santos.

• Os tres primeiros mandamentos.

PROCEDEMENTOS

• Lectura e análise de textos bíblicos e testemuñais para facilitar a comprensión dos contidos.

• Realización de propostas de traballo e actividades para reforzar a adquisición de coñecementos.

• Contemplar e interpretar o contido das fotografías e viñetas que ilustran a unidade.

• Consultar o vocabulario e as diferentes páxinas web que se propoñen.

ACTITUDES

• Responsabilidade ante as tarefas que se propoñen e nas actividades grupales.

• Atención á adquisición de novos conceptos.

• Interese por querer afondar no verdadeiro significado que ten o seguimento de Xesús hoxe.

• Desenvolvemento da capacidade de traballar co texto bíblico.

• Reflexión sobre os contidos da unidade para a propia vida.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Definir que é, como é, en quen se apoia, onde se vive, como se expresa e que características ten o seguimento de Xesús.

2. Saber qué características definen o estilo de vida que nace do seguimento de Xesús.

3. Saber explicar que significa que a lectura do Novo Testamento, a integración en unha comunidade cristiá, o testemuño persoal doutras cristiáns e a vida interior son medios importantes para que se produza o encontro con Xesús.

4. Definir correctamente que significa: a graza, ser santo e estar chamado á santidade.

5. Coñecer o significado dos tres primeiros mandamentos que están á base da vida do seguidor de Xesús.

COMPETENCIAS BÁSICAS
Comunicación lingüística
–  Coñecer a realidade e a importancia da oración no cristianismo.
–  Comprender os conceptos sequela Christi e santidade; e aplicarlos á concepción cristiana do mundo.

Social e ciudadana
–  Aprecia a importancia do seguemento na Igrexa e as consecuencias que ten para a vida cristiana.
–  Sitúa os distintos modos de acceder á experiencia cristiana na actualidade.

Autonomía e iniciativa personal
–  Participa en debates, sendo críticos coas ideas expostas, e valora o seguemento cristiano propio ou dos demais.
–  Utilizar os coñecementos da unidade para orientarse no campo da oración e a meditación.

UNIDADE 6. Celebrar a presencia de Xesús

OBXETIVOS
1. Analizar e valorar o sentido e finalidade da Igrexa como realización institucional do servicio de humanización e salvación que Cristo ofrece ó ser humano, e descubrir a súa aportación aos procesos mais importantes da historia española i europea.
2. Comprender e distinguir a acción salvadora de Cristo, e o carácter celebrativo de cada un dos sacramentos.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1 Especificar signos concretos da presencia e acción de Deus na vida da Igrexa.
1.2 Razoar o fundamento da Igrexa comunión, os seus signos e as consecuencias na vida do crente pola acción do Espírito.
2.1 Saber establecer relacións entre a vida humana e os sacramentos do bautismo, a reconciliación, a eucaristía e a unción dos enfermos.
2.2 Sinalar na liturxia a relación de Deus cos seus fillos e a respuesta destes.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
–  Interpreta as palabras usadas nos sacramentos e comprende o seu valor para o cristianismo.
–  Extrae información dos valores sacramentais e argumenta a dimensión celebrativa da fe.
–  Comprende tódalas festas cristianas descritas e valora a súa importancia cultural.

Coñecemento e interacción co mundo físico
–  Distingue signo e símbolo.
–  Entende o concepto de sacramento e a súa repercusión na vida dos crentes.
–  Interpreta o que se celebra nos sacramentos.

Social e ciudadana
–  Coñece a formación e desenvolvemento da eucaristía.
–    Identifica relacións entre os feitos e as palabras de Cristo e a Igrexa.

UNIDADE 7. Comprometidos co noso mundo

OBXETIVOS
1. Analizar e valorar o sentido e finalidade da Igrexa en canto realización institucional do servicio de humanización e salvación que Cristo ofrece ó ser humano, e descubrir a súa aportación aos procesos mais importantes da historia española i europea.
2. Descubrir os fundamentos racionais e revelados que xustifican a ensinanza moral da Igrexa católica, e orientan a relación do hombre con Deus, consigo mesmo, cos outros e co mundo.
3. Analizar as esixencias e compromisos dos cristianos na súa relación con Deus, consigo mesmo e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade e nas grandes relixións.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1.1 Recoñecer a mensaxe do Reino e as benaventuranzas como proxecto de vida do cristiano que se identifica con Xesucristo, e saber aplicar á Igrexa as parábolas do Reino.
1.2 Especificar signos concretos da presencia e acción de Deus na vida da Igrexa.
2.1 Razonar os principios e valores que fundamentan a moral cristiana, aplicándoos especialmente á problemática actual sobre a vida.
2.2 Descubrir os fundamentos que orientan a relación do home con Deus, consigo mesmo, cos outros e co mundo.
3.1 Ilustrar con exemplos as accións sociais que a Igrexia realiza mediante as súas institucións.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER
Comunicación lingüística
–  Sinala nas cancións os valores de denuncia e compromiso que aparecen.
–  Comprende que a lenguaxe matemática revela unha visión da realidade en función do intérprete deses datos da linguaxe numérica.
–  Dialoga críticamente sobre as situacións de inxusticia que coñece por experiencia propia ou de outros.
–  Actualiza a relación entre amor a Deus e as persoas, cun exemplo ante a clase.
–  Coñece e presenta as distintas accións que fan as relixións a favor das persoas mais necesitadas.
–  Elabora un informe sinxelo sobre algunhas das problemáticas estudadas na unidade con datos obxetivos e accións de mellora.
–  Define por escrito a identidade de Deus amor e a relaciona co amor ás persoas.
–  Comprende e relaciona correctamente os distintos textos e extrae a síntese dos mismos.

Social e ciudadana
–  Comprende a situación de inxusticia do mundo coa comprensión de gráficos, datos, testimonios, viñetas, etc. i expresa a síntese á que chega.
–  Averigua a actitude común que teñen as relixións ante o pobre coa lectura e comprensión de textos das distintas relixións.
–  Coñece e se interesa por distintas accións nas que mostrar o seu compromiso cos demais.
–  Descubre e resume o que di Xesús sobre a centralidade dos pobres.
–  Planifica distintas accións concretas que se poden facer con distintos colectivos de persoas desfavorecidas.

Aprender a aprender
–  Representa de xeito creativo o aprendido na unidade nun formato de denuncia de distintas inxusticias que existen.
–  Elabora un informe no que describir a realidade e distintas accións para transformala.
–  Investiga a importancia do traballo contra a inxusticia en outras relixións e sabe explicarlo.

Autonomía e iniciativa personal
–  Planifica distintas accións e as explica aos compañeiros.
–  Coñece os proxectos de algunhas ONG católicas e sabe qué accións desenvolven.
–  Coñece as distintas feridas que sufre a humanidade con datos obxetivos.
–  Comprende o valor do compromiso polos demais e pola realidade.

UNIDADE 8. Buscadores de la verdad
OBJETIVOS
1. Descubrir los fundamentos racionales y revelados que justifican la enseñanza moral de la Iglesia católica, y orientan la relación del hombre con Dios, consigo mismo, con los otros y con el mundo.
2. Analizar las exigencias y compromisos de los cristianos en su relación con Dios, consigo mismo y con los demás, relacionándolos con otras opciones presentes en la sociedad y en las grandes religiones.

CRITERIOS DE EVALUACIÓN
1.1 Saber identificar en algunas actitudes y situaciones concretas los hechos que van contra la verdad.
2.1 Comparar el sentido de la felicidad, los medios para alcanzarla y la propuesta moral en el budismo, el cristianismo y el islam.
2.2 Analizar las exigencias y compromisos de los cristianos en su relación con Dios, consigo mismo y con los demás, relacionándolos con otras opciones presentes en la sociedad y en las grandes religiones.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESARROLLAR
Comunicación lingüística
–  Conoce los medios de comunicación social (MCS) clásicos y su incidencia en su propia vida para transmitir o manipular una realidad.
–  Participa activamente en la preparación y realización de un debate en torno a distintas cuestiones relacionadas con los MCS.
–  Sabe presentar a los compañeros las ideas principales de algunos documentos.
–  Toma posición sobres las tesis de magisterio y justifica su toma de postura.
–  Elabora un informe sobre los MCS y diversos textos de estilo periodístico.

Conocimiento e interacción con el mundo físico
–  Reconoce las ventajas y peligros que tienen los MCS al acercarse y narrar la realidad.
–  Relaciona las actitudes que realizan la verdad con la búsqueda de la misma.

Tratamiento de la información y competencia digital
–  Distingue y valora la radio, la televisión, la prensa y el uso de internet.
–  Lee, comprende y sabe dar razones de lo aprendido en la unidad.

Social y ciudadana
–  Conoce los MCS y sabe la influencia que tienen en la sociedad.
–  Elabora viñetas críticas y sabe ejemplificar las actitudes que conducen o no hacia la verdad.
– Comprende la manipulación de la publicidad en la actualidad y pone ejemplos concretos.

Autonomía e iniciativa personal
–  Distingue la verdad que expresan las narraciones.
–  Averigua las acciones que favorecen la sinceridad, la autenticidad y la honestidad.

UNIDADE 9 Comprometidos co mundo

A santidade é o camiño que vai dun mesmo cara ao irmán. O camiño dos seguidores de Xesús é o do compromiso co mundo no que vivimos, un mundo ferido e dividido.

O mandato do amor de Xesús conducen a loitar contra todo o que degrada a vida e a diminuír o sufrimento dos demais. Os cristiáns están chamados a construír o reino de Deus na brecha do mundo, en unión con todas as persoas e, de modo particular, cos crentes doutras relixións.

I. OBXECTIVOS

. Analizar algúns dos problemas máis graves que padece a nosa sociedade e que afectan radicalmente ás persoas, tales como a fame, a pobreza, a violencia, a guerra, a marxinación e a degradación do medio.

. Examinar con espírito crítico e con esperanza as “feridas” do mundo para desenvolver unha actitude de cooperación e compromiso.

. Sensibilizarse coa situación de millóns de seres humanos que padecen o azoute de estes graves problemas, fomentando o esforzo persoal e social por erradicalos.

. Confrontar a realidade que estes problemas ofrecen coa mensaxe de Xesús.

. Analizar en que consiste o traballo e o compromiso dos cristiáns por facer un mundo mellor.

. Recoñecer algunhas das organizacións católicas máis significativas polo seu compromiso coa xustiza e a igualdade, así como o testemuño significativo dalgúns cristiáns.

II. CONTIDOS

CONCEPTOS

• A fame, a pobreza, a violencia, a guerra, a marxinación e a degradación do medio: situacións e datos que fan pensar.

• Xesús e o mandamento do amor.

• Os cristiáns, chamados a construír o reino.

• Diversas formas de vivir comprometidos co amor.

• Organizacións católicas que traballan pola xustiza e a solidariedade.

• Colaboración dos cristiáns con outras relixións e institucións na construción dun mundo mellor.

• Signos do compromiso cristián no noso tempo.

PROCEDEMENTOS

• Ler relatos curtos (textos doutrinais, bíblicos, literarios e testemuñais), para extraer deles o mensaxe central dos seus creadores e contrastalo co estudado na unidade.

• Coñecer noticias e realidades deste mundo ferido.

• Contemplar diversas viñetas e analizar o seu contido simbólico e textual.

• Localizar nun mapamundi as zonas nas que se advirte con máis forza as feridas do noso mundo.

• Analizar diferentes datos sobre a pobreza, a fame, a violencia, a marxinación, a deterioración do medio ambiente, etc.

ACTITUDES

• Interese pola situación que viven a diario millóns de persoas, vítimas da inxustiza, a violencia e a pobreza.

• Valor da solidariedade internacional e do compromiso cristián na busca de solucións.

• Esperanza en que xuntos podemos transformar e sandar este mundo ferido.

• Actitude de apertura e espírito crítico ante a realidade que nos rodea.

• Hábito de informarse pola situación das feridas que ten o noso mundo e das persoas que máis sófrenas.

III.CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Enumerar os problemas (feridas) máis incitantes da humanidade.

2. Saber localizar algúns dos conflitos máis importantes do mundo na actualidade, dando razón das causas que os provocan.

3. Coñecer en que consiste o convite de Xesús a amar.
4. Saber explicar que significa construír o reino e qué actitudes sosteñen a devandita construción.

5. Saber dar razón do valor do compromiso cristián no mundo para suscitar actitudes responsables e solidarias en ben dos demais.

6. Enumerar algunhas das ONXs estudadas, dando razón dos seus fins e accións.

IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

O ensino relixioso contribúe a ponderar as fracturas do mundo actual, sobre todo, por medio da Doutrina Social da Igrexa. A tradición, a doutrina e tamén o exemplo de moitos cristiáns iluminan as respostas aos problemas que xorden na interacción do ser humano co medio físico e consigo mesmo.

1. Preparar a incorporación á vida social e profesional dende a chamada de Deus a transformar e construír un mundo máis fraterno e solidario.

2. Afrontar a convivencia e as situacións complexas e conflitivas, exercitando o xuízo ético con eficacia e creatividade.

3. Desenvolver valores da integración social, do servizo e da solidariedade cos semellantes.

4. Exercitar a toma de decisións e a asunción de responsabilidades.

5. Desenvolver a construción dun pensamento propio e autónomo.

6. Iniciarse na argumentación.

7. Ponderar a desigualdade e a inxustiza do mundo por medio da análise persoal e da Doutrina Social da Igrexa.

8. Enriquecer o xuízo crítico do uso da ciencia e da tecnoloxía

UNIDADE 10. Un Mundo novo

Para os cristiáns, o tempo non é circular. A historia humana está marcada por un antes e un despois do acontecemento Cristo. Xesús chama a colaborar, dende a responsabilidade e a liberdade, para anticipar “un ceo novo e unha terra nova”.

A nova creación é obra de Deus pero, na espera da súa chegada definitiva, os cristiáns, involucrados no traballo pola xustiza, a paz e a salvagarda da creación, comprométense a loitar contra todas as opresións e limitacións, e a construír o reino de Deus.

I. OBXECTIVOS

. Coñecer que di a fe cristiá sobre o destino deste mundo e, polo tanto, sobre o destino das persoas.

. Analizar a promesa que Deus fai dun mundo novo que terá lugar despois de este e comprender a responsabilidade dos cristiáns na construción dun ceo e unha terra nova.

. Comprender, a partir das palabras de Xesús, que di a relixión cristiá sobre o destino da nosa vida e do mundo.

. Comprobar como todas as relixións intentaron responder ao problema da morte.

. Interpretar e comprender, a partir da morte de Xesús, cál é o futuro que o espera ao cristián despois da morte.

II. CONTIDOS

CONCEPTOS

• Tempo circular e tempo lineal: Xesús marca un antes e un despois.

• O reino de Deus, don e tarefa presente e futuro.

• En Xesús cúmprense as promesas de Deus e as esperanzas do pobo ao vencer á morte.

• A segunda vinda de Cristo, o final da historia e o xuízo final.

• A liberación definitiva: unha festa para compartir na que xa non haberá morte nin dor.

• Deus promete un ceo novo e unha terra nova.

• Os cristiáns responsables ante o futuro.

• Construír un mundo novo: unha tarefa de cada día.

PROCEDEMENTOS

• Interrogarse sobre o misterio da morte e o máis alá.

• Formular as dúbidas e preguntas sobre as actitudes ante a fin do mundo.

• Recoñecer e distinguir algunhas das afirmacións da escatoloxía no Novo Testamento, en especial nos evanxeos.

• Ler e analizar algunhas viñetas.

• Interrogarse sobre o mundo que Deus prepara ao final da historia.

• Ler, interpretar e explicar textos bíblicos, xornalísticos e literarios.

ACTITIDES

• Actitude de tolerancia ante outras formas de concibir a morte e o máis alá que se dan noutras persoas, en diferentes culturas e relixións.

• Actitude de esperanza ante o concepto do fin do mundo.

• Espírito crítico ante datos alarmantes e mensaxes que inducen ao temor ou a actitudes sectarias.

• Interese por dar resposta ás cuestións da morte e o máis alá.

• Mostrar disciplina e orde ante as tarefas que se propoñen.

• Respecto polas opinións doutros compañeiros

III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Saber diferenciar as diferentes concepcións temporais: tempo circular e tempo lineal.

2. Dar razón da esperanza que anima aos cristiáns ante a idea da fin do mundo.

3. Explicar que di Xesús sobre o reino, un reino presente e tamén futuro.

4. Explicar correctamente a actitude da esperanza cristiá e descubrir o seu sentido activo e non resignado, e o compromiso persoal e social que entraña a súa vivencia.

5. Saber explicar que significa “un ceo novo e unha terra nova” e qué responsabilidade teñen os cristiáns na súa construción.

6. Explicar o significado dalgunhas palabras ou expresións clave: morte, resurrección, esperanza, vida eterna, ceo, inferno, segunda vinda.

IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

Entre os obxectivos fundamentais para a adquisición e desenvolvemento progresivo das competencias básicas están a capacidade innata para dinamizar a intelixencia e chamar á razón humana na busca de “algo máis”. A busca orixinaria que identifica a todo ser humano, a capacidade de ser e estar xunto aos outros dende a fraternidade, o amor, a ansia de infinito e a plenitude do ser na vida eterna, son elementos constitutivos da humanidade.

As referencias ao sentido último da existencia e a chamada á responsabilidade ante o presente e o futuro forman a persoa dende dentro, liberándoa de todo o que le impide vivir libremente e abríndoa a unha visión do ser humano optimista, responsable e comprometida.

1. Mostrar curiosidade por coñecer máis e mellor diversas concepcións do tempo.

2. Apreciar a cultura propia e as alleas xunto ás súas manifestacións culturais.

3. Exercitar a asunción de responsabilidades ante o presente e ante o futuro.

4. Crecer en liberdade interior abríndose a valores transcendentes como a esperanza, a responsabilidade e a misericordia.

5. Desenvolver valores de integración social, de servizo e solidariedade cos semellantes.

PROXECTO CURRICULAR
RELIXIÓN
CATÓLICA
3º ESO

 RELACIÓN OBXECTIVOS DA ETAPA / OBXECTIVOS DA MATERIA
OBXECTIVOS DA ETAPA
OBXECTIVOS DA MATERIA

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e, se a houber, na lingua cooficial da Comunidade Autónoma, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado.

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e dos demais, así como o patrimonio artístico e cultural.

k) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.

l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

1. Coñecer e interpretar os distintos elementos que conforman o fenómeno relixioso na súa estrutura e a súa expresión histórica, como base de comprensión das distintas relixións.

2. Razoar as respostas que as grandes relixións dan ás preguntas do ser humano sobre a concepción do home e o seu destino último.

3. Coñecer a Biblia, na súa orixe, estrutura, finalidade e interpretación pertinente en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel, e como expresión da revelación de Deus Pai aos homes.

4. Coñecer os contidos do cristianismo que fundamentan a concepción do ser humano creado por Deus e destinado a ser fillo seu.

5. Identificar a Xesús Cristo como Fillo de Deus, salvador encarnado entre os homes, mediante o coñecemento e análise da súa mensaxe, a súa vida e a súa presenza polo Espírito Santo.

6. Analizar e valorar o sentido e finalidade da Igrexa en canto realización institucional do servizo de humanización e salvación que Cristo ofrece ao ser humano, e descubrir a súa achega aos procesos máis importantes da historia española e europea.

7. Coñecer e valorar a resposta dos crentes á mensaxe e acontecemento cristiáns, que se realiza na Igrexa.

8. Comprender e distinguir a acción salvadora de Cristo, e o carácter celebrativo de cada un dos sacramentos.

9. Descubrir os fundamentos racionais e revelados que xustifican o ensino moral da Igrexa católica, e orientan a relación do home con Deus, consigo mesmo, cos outros e co mundo.

10. Analizar as esixencias e compromisos dos cristiáns na súa relación con Deus, consigo mesmo e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade e nas grandes relixións.

11. Recoñecer e valorar os fitos máis importantes da fe cristiá na historia da Igrexa, nas grandes obras da cultura e nas súas festas, considerando tamén as achegas doutras relixións.

12. Analizar os principios que fundamentan a fe cristiá na vida eterna, valorando criticamente a proposta das grandes relixións.

<<<<<<<<<<<<<

OBXECTIVOS DA MATERIA

OBXECTIVOS DO PROXECTO CURRICULAR
1. Coñecer e interpretar os distintos elementos que conforman o fenómeno relixioso na súa estrutura e a súa expresión histórica, como base de comprensión das distintas relixións.

2. Razoar as respostas que as grandes relixións dan ás preguntas do ser humano sobre a concepción do home e o seu destino último.

3. Coñecer a Biblia, na súa orixe, estrutura, finalidade e interpretación pertinente en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel, e como expresión da revelación de Deus Pai aos homes.

4. Coñecer os contidos do cristianismo que fundamentan a concepción do ser humano creado por Deus e destinado a ser fillo seu.

5. Identificar a Xesús Cristo como Fillo de Deus, salvador encarnado entre os homes, mediante o coñecemento e análise da súa mensaxe, a súa vida e a súa presenza polo Espírito Santo.

6. Analizar e valorar o sentido e finalidade da Igrexa en canto realización institucional do servizo de humanización e salvación que Cristo ofrece ao ser humano, e descubrir a súa achega aos procesos máis importantes da historia española e europea.

7. Coñecer e valorar a resposta dos crentes á mensaxe e acontecemento cristián, que se realiza na Igrexa.

8. Comprender e distinguir a acción salvadora de Cristo, e o carácter celebrativo de cada un dos sacramentos.
9. Descubrir os fundamentos racionais e revelados que xustifican o ensino moral da Igrexa católica, e orientan a relación do home con Deus, consigo mesmo, cos outros e co mundo.

10. Analizar as esixencias e compromisos dos cristiáns na súa relación con Deus, consigo mesmos e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade e nas grandes relixións.

11. Recoñecer e valorar os fitos máis importantes da fe cristiá na historia da Igrexa, nas grandes obras da cultura e nas súas festas, considerando tamén as achegas doutras relixións.

12. Analizar os principios que fundamentan a fe cristiá na vida eterna, valorando criticamente a proposta das grandes relixións.

– Analizar as esixencias e compromisos dos cristiáns na súa relación con Deus, consigo mesmos e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade.

– Coñecer as principais características da relixión xudía en tempos de Xesús: a súa fe, normas, festas e centros relixiosos.

– Analizar as esixencias e compromisos dos cristiáns na súa relación con Deus, consigo mesmos e cos demais, relacionándoos con outras opcións presentes na sociedade e nas grandes relixións.

– Comprobar como todas as relixións da humanidade intentaron responder ao problema da morte.

– Comprender que a Biblia é un libro relixioso que contén a Historia da Salvación.

– Coñecer que narran e como se escribiron os libros que compoñen o Antigo Testamento.

– Saber utilizar a Biblia situándoa na súa orixe, forma e finalidade e interpretación adecuada en relación coa historia e experiencia relixiosa de Israel e como expresión da revelación de Deus Pai aos homes.

– Situar no seu contexto a Biblia para comprender o seu sentido e valoralo como resposta ás inquietudes relixiosas das persoas.

– Identificar os lugares onde transcorren os principais acontecementos que narra a Biblia así como algúns dos seus xéneros literarios.

– Comprender a Biblia como palabra de Deus ás persoas e norma fundamental da fe e da vida cristiás.
– Coñecer as características xeográficas e políticas de Palestina, país onde viviu Xesús de Nazaret.

– Aprender como era a sociedade do tempo de Xesús: a súa forte estruturación en clases e grupos sociais.

– Estudar que libros conforman o Novo Testamento para comprender a mensaxe que encerran.

– Coñecer que son os evanxeos, cando foron escritos e con que finalidade. Evanxeos sinópticos e apócrifos.

– Identificar diferentes xéneros literarios nos textos evanxélicos.

– Coñecer e interpretar os distintos elementos que conforman o fenómeno relixioso.

– Recoñecer e valorar os fitos máis importantes da fe cristiá na historia da Igrexa, nas grandes obras da cultura e nas súas festas, considerando tamén as achegas doutras relixións.

– Aprender a interpretar, por medio da análise do relato da creación, que nos di Deus sobre a vida humana.

– Coñecer os principios que a Igrexa foi elaborando, a partir dos relatos bíblicos, sobre a vida humana.

– Coñecer en que consiste a fe cristiá, como se manifesta, onde se vive e de onde procede.

– Descubrir no seguimento de Xesús a raíz do ser cristián.

– Profundar nas características básicas do seguimento de Xesús.

– Identificar a Xesús Cristo como Fillo de Deus encarnado entre os homes mediante o coñecemento e análise da súa mensaxe, vida e presenza polo Espírito Santo na Igrexa.

– Aprender que significa que o Deus cristián é amor e coñecer as canles que Deus utiliza para comunicarse: a Biblia, a tradición e o maxisterio.

– Coñecer e valorar o sentido e finalidade da Igrexa como a realización institucional do servizo de humanización e salvación que Cristo ofrece ao ser humano, e descubrir a súa achega nos feitos máis importantes da historia española e europea.
– Analizar o proceso mediante o cal as persoas tomamos decisións e construímos a nosa personalidade.
– Aprender a analizar que é o que fai que unha decisión sexa boa ou mala.
– Coñecer como viviu Xesús as súas propias decisións.
– Comprender como debe ser a conduta dos seguidores de Xesús.
– Identificar a dimensión moral da vida humana e relacionala cos criterios que dimanan da fe cristiá.
– Adquirir un esquema comprensivo básico dos elementos do acto moral para poder actuar con liberdade e responsabilidade.
– Valorar a importancia de ser fieis á propia conciencia e de asumir a responsabilidade das propias accións.
– Comprender que a tarefa do cristián é vivir a vida dun xeito positivo e alegre.

– Analizar e comprender a vida da primitiva comunidade cristiá a partir do que sobre a mesma nos di o libro dos Feitos.

– Coñecer a figura do apóstolo Paulo, o núcleo do seu predicación e a súa contribución á expansión do cristianismo no seu primeiro século de historia.

– Analizar a relación da Igrexa co imperio romano e a expansión da mesma ao longo do seu territorio durante os séculos II e III.

– Coñecer os principais momentos, personaxes e acontecementos da historia da Igrexa primitiva para descubrir os seus efectos na vida dos cristiáns e no dinamismo da sociedade.

– Interpretar e comprender, a partir da morte de Xesús, cal é o futuro que lle espera ao cristián logo da morte.

– Fundamentar o sentido da esperanza cristiá na fe na resurrección.

– Coñecer como pode vivir un cristián a morte.

– Coñecer o que di o cristianismo sobre a morte e sobre o máis alá.
– Coñecer que di a fe cristiá sobre o destino deste mundo e, xa que logo, sobre o destino das persoas.
– Analizar a promesa que Deus fai dun mundo novo que terá lugar logo deste.>>>>>>>>>>>

 COMPETENCIAS ESPECÍFICAS E A SÚA RELACIÓN COAS COMPETENCIAS BÁSICAS

A materia de Relixión católica ten vinculación con todas as competencias básicas e mantén unha vinculación especial coas competencias básicas nº. 3, 5, 6 e 8: Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, Competencia social e cidadá, Competencia cultural e artística e Autonomía e iniciativa persoal. Destacamos, a continuación, as relacións coas competencias básicas recollidas nos currículos oficiais.

COMPETENCIAS BÁSICAS
DO CURRÍCULO OFICIAL

COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
DO PROXECTO CURRICULAR

1. Comunicación Lingüística

2. Matemática

3. Coñecemento e interacción co medio físico

4. Tratamento da información e competencia dixital

5. Social e cidadá

6. Cultural e artística

7. Aprender a aprender

8. Autonomía e iniciativa persoal

– Adquirir un maior coñecemento da relación da persoa con respecto ao grupo (C.B. n.º 8)
– Saber definir e relacionar correctamente diferentes conceptos (C.B. n.º 1)
– Comprender e resumir o contido dun texto (C.B. n.º 1)
– Comunicar sentimentos e experiencias de forma oral (C.B. n.º 1 e 8)
– Adquirir un maior coñecemento do cristianismo, do xudaísmo e do islam (C.B. n.º 1, 4, 5, 6 e 8)
– Saber escoitar e dialogar nun debate, valorando as opinións dos demais (C.B. n.º 1, 5, 7 e 8)
– Adquirir un maior coñecemento da Biblia en canto libro sagrado pola súa autoría, o seu contido e a súa finalidade (C.B. n.º 1, 4 e 6)
– Saber localizar e citar textos bíblicos de modo correcto (C.B. n.º 1, 4, 6, 7 e 8)
– Coñecer a estrutura e o contido do Antigo Testamento (C.B. n.º 1, 4 e 6)
– Adquirir maior coñecemento do contexto (xeográfico, político, histórico e social) no que viviu Xesús (C.B. n.º 1, 3, 4, 5 e 6)
– Coñecer que libros compoñen o Novo Testamento e saber distinguir neles os diferentes tipos de linguaxe e de xéneros literarios (C.B. n.º 1, 4 e 6)
– Adquirir un maior coñecemento da misión da Igrexa como comunidade (C.B. n.º 5 e 6)
– Adquirir un correcto coñecemento do que significa crer en Xesús Cristo (C.B. n.º 5, 7 e 8)
– Saber relacionar a fe cristiá coa vida como motivo de sentido
– Tomar conciencia da importancia e responsabilidade que supón ser libres (C.B. n.º 3, 5. 7 e 8)
– Coñecer a relación e as consecuencias da liberdade, a escravitude e a responsabilidade (C.B. n.º 3, 5. 7 e 8)
– Reflexionar de modo coherente arredor da vida como don e tarefa, como agasallo e responsabilidade (C.B. n.º 1, 4, 7 e 8)
– Coñecer en profundidade as manipulacións, as agresións e as ameazas ás que está exposta a vida humana (C.B. n.º 1, 3, 4, 5, 7 e 8)
– Dispoñibilidade para emprender servizos e actitudes na vida de preocupación polas persoas que nos rodean (C.B. n.º 5, 7 e 8)
– Interese pola dimensión de servizo dentro dos propios plans profesionais (C.B. n.º 5, 7 e 8)
– Actitude de tolerancia ante outras formas de pensar e concibir diferentes temas (C.B. n.º 1, 4, 5, 6, 7 e 8)
>>

 CONTIDOS DO CURRÍCULO
Conceptos
O proxecto de Deus segundo o xudaísmo, o cristianismo e o islam. Influencia na cultura e na arte do noso país. Relixións monoteístas: as oracións, as celebracións e o compromiso.
A Revelación progresiva de Deus ao pobo de Israel. Símbolos do xudaísmo. A Biblia: proceso de formación dos textos bíblicos; xéneros literarios. Os libros do Antigo Testamento: división, descrición e autores.
Xesús e o Novo Testamento: análise das fontes sobre a vida de Xesús; proceso de formación do Novo Testamento; xéneros literarios, división e autores. Os Evanxeos: proceso de redacción e historicidade. A Palabra de Deus nas celebracións cristiás.
Xesucristo convoca e congrega a comunidade dos seus discípulos. As primeiras comunidades cristiás: predicación dos apóstolos; diversidade de comunidades.
A Igrexa primitiva nos Feitos dos Apóstolos: expansión do cristianismo; acción misioneira de Paulo e dos apóstolos. Representación dos apóstolos.
A Igrexa nos séculos II e III. Expansión do cristianismo e reacción do Imperio: acusacións, persecucións e Edicto de Milán. A comunidade celebra a súa fe; a comunidade escribe; a comunidade organízase (os ministerios). O Bo Pastor e as catacumbas.
Deus, misterio de comuñón: a Trindade. Representacións da Trindade. O sacramento da Confirmación. Deus Pai: Deus, o Señor; Abba, o Pai misericordioso. Xesús, verdadeiro Deus e verdadeiro home: o Mesías de Israel; o Fillo de Deus. O Espírito Santo, forza e vida dos crentes: o Espírito na Igrexa.
A Igrexa, Pobo de Deus e misterio da comuñón: comunidade humana e divina. Razóns para crer e actitudes dos crentes. As Benaventuranzas.
A misión da Igrexa. Organización da Igrexa para o servizo. O sacramento da Orde. María, Nai da Igrexa. A vida do Señor e a vida eterna.
Moral da vida humana: ameazas actuais e defensa da vida; a escala de valores. Fundamentos da dimensión moral da persoa: a conciencia moral; liberdade e busca voluntaria do ben e da verdade. O proxecto de vida persoal dos cristiáns.

Procedementos
Comentario de textos informativos, testemuñais, de denuncia, biográficos e lendarios relacionados co plano da experiencia.
Busca e comentario de citas bíblicas.
Comprensión da linguaxe simbólica en textos bíblicos.
Lectura e comprensión de textos do maxisterio da Igrexa.
Elaboración de traballos de investigación seguindo as pautas de Documentalista.
Busca e síntese de información; elaboración de materiais de exposición e de presentacións multimedia desta información.
Ampliación do vocabulario.
Interpretación e elaboración de mapas, esquemas e eixes cronolóxicos.
Observación sistemática de obras de arte relixiosa e lectura da linguaxe simbólica nelas.
Busca de información a través da visita e a entrevista directa, así como das novas tecnoloxías, e síntese de información.
Organización de debates e análise de casos e de dilemas.
Reflexión sobre as propias experiencias e expresión de opinións persoais e razoadas sobre temas sociais e espirituais.
Resposta a cuestionarios de reflexión que axudan ao autocoñecemento, á reflexión e ao compromiso.

Valores
Valoración da convivencia entre relixións e do diálogo interrelixioso.
Interese por coñecer as características das relixións monoteístas e respecto polos crentes de todas as relixións.
Interese por coñecer o proceso de formación da Biblia e por recoñecer a presenza de Deus nos relatos bíblicos.
Interese por identificar as fontes sobre Xesús e os primeiros cristiáns.
Valoración das actitudes extraídas do Evanxeo.
Admiración polas obras de arte que son transmisoras de crenzas cristiás, e interese por interpretar a súa linguaxe simbólica.
Interese e respecto pola vida dos cristiáns: crenzas, celebracións, festas e tradicións.
Valoración das actitudes cristiás fronte aos conflitos.
Interese por coñecer e valorar as funcións dos diversos membros da Igrexa.
Valoración da fe como actitude de confianza.
Interese e gusto por elaborar o propio proxecto de vida.
Participación respectuosa en actividades en grupo.
Valoración das decisións tomadas con liberdade responsable.
Valoración da arte como un medio de transmisión do amor de Deus.
Gusto pola simboloxía cristiá usada en celebracións.
Valoración da postura cristiá de radical defensa da vida humana.
Valoración da importancia de ter unha escala de valores e aprecio pola coherencia dos valores cristiáns.

„ RELACIÓN ENTRE CRITERIOS DE EVALUACIÓN

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DO CURRICULO OFICIAL

CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DO PROXECTO CURRICULAR

1. Sinalar os elementos das relixións primitivas que teñan algunha relación coa cultura relixiosa actual.
2. Establecer distincións entre os relatos míticos da antigüidade e a Revelación de Deus no Cristianismo.

3. Formular a concepción do home no cristianismo, e as súas consecuencias na fundamentación dos seus dereitos e deberes.
4. Explicar a orixe e sentido do mundo e da vida, como froito do designio amoroso, misericordioso e providente de Deus Pai.
5. Saber relacionar a Xesús Cristo coas expectativas do Antigo Testamento.
6. Saber razoar o sentido da salvación do pecado e da morte que Xesús Cristo outorga ao crente.
7. Recoñecer a mensaxe do Reino e as benaventuranzas como proxecto de vida do cristián que se identifica con Xesús Cristo, e saber aplicar á Igrexa as parábolas do Reino.
8. Razoar os principios e valores que fundamentan a moral cristiá, aplicándoos especialmente á problemática actual sobre a vida.
9. Saber dar razóns do valor da sexualidade como don de Deus e colaboración con El na creación, e saber aplicar os fundamentos da moral cristiá á vida sexual.
10. Deducir do sacramento do Matrimonio os valores da entrega total, o compromiso, a fidelidade e o sentido da procreación.
11. Comparar o sentido da felicidade, os medios para alcanzala e a proposta moral no budismo, o cristianismo e o islam.

– Razoar o valor da liberdade como elección da verdade e do ben, e raíz da responsabilidade dos propios actos (C.EV. 3, 8 e 11)
– Explicar a importancia das acciones das persoas no seu proceso de crecemento (C.EV. 3, 8 e 11)
– Detectar os principais elementos que constitúen o fenómeno relixioso e a súa expresión concreta no cristianismo (C.EV. 1, 2, 3, 5, 7, 8 e 11)
– Saber definir os aspectos propios de cada unha das relixións monoteístas (C.EV. 2, 3, 4, 6, 7, 8 e 11)
– Dar razón da importancia da Biblia para a fe xudía e cristiá (C.EV. 2, 5 e 7)
– Definir con precisión o significado dalgunhas das moitas palabras-clave dos diferentes temas (C.EV. 1 -11)
– Saber en que consiste a diferenza fundamental entre o Antigo e o Novo Testamento, así como o contido dos diversos libros segundo os seus xéneros literarios (C.EV. 2, 3, 5 e 7)
– Coñecer e diferenciar algunhas características históricas, literarias e relixiosas da Biblia, para saber fundamentar e aplicar a mensaxe que transmite (C.EV. 2, 3, 5 e 7)
– Enumerar os xéneros literarios máis importantes da Biblia (C.EV. 2, 3, 5 e 7)
– Razoar o fundamento da Igrexa comuñón, os seus signos e as consecuencias na vida do crente pola acción do Espírito (C.EV. 7)
– Definir que é, cando se inicia, en que se apoia, onde se vive e como se expresa a fe cristiá de modo correcto (C.EV. 2-11)
– Saber en que consisten os elementos do acto moral, dar razón dos propios valores e opcións persoais. Saber identificar os principios morais que emanan do cristianismo, e que fundamentan o ben obrar, para saber aplicalos ás diversas situacións da vida actual (C.EV. 8, 9, 10 e 11)
– Identificar os valores fundamentais da moral cristiá sobre o respecto á vida para saber aplicalos ás diversas situacións da vida actual (C.EV. 8 e 9)
– Situar no tempo e no espazo os principais acontecementos da vida da Igrexa primitiva (vida e viaxes de San Paulo, causas e tempo do concilio de Xerusalén, grandes persecucións etc), para valorar adecuadamente eses acontecementos no contexto en que se desenvolveron (C.EV. 1 e 7)
– Sintetizar a confesión de fe e os valores da primitiva comunidade cristiá (C.EV. 1 e 7)

PROXECTO LECTOR NA ÁREA DE RELIXIÓN

O proxecto lector é un documento que integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. Os obxectivos deste proxecto son: desenvolver e mellorar a competencia lectora, favorecer a competencia literaria, educar no uso crítico da información, fomentar o hábito da lectura e apoiar a adquisición das competencias básicas.

Dende a área de relixión realízanse diversas actividades educativas destinadas a que os nosos alumnos alcancen os obxectivos do proxecto lector: actividades relacionadas coa lectura, comprensión lectora, busca e tratamento da información, etc. Entre estas actividades podemos destacar: lecturas en voz alta, resumos, mapas conceptuais e esquemas, coa utilización de textos bíblicos e eclesiais, enciclopedias, dicionarios, revistas, etc. Todo iso, a partir de lecturas axeitadas á súa idade, características e necesidades. Lecturas que, ademais, procuramos que lles resulten amenas, á vez que educativas, xa que tratamos de introducilos no hábito da lectura.

No departamento de Relixión contamos con material educativo neste sentido, e ademais contamos coa colaboración da biblioteca do centro.

O equipo directivo realiza un seguimento exhaustivo destas actividades, e periodicamente da súa avaliación.

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN (T.I.C.) NA ÁREA DE RELIXIÓN

A aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que os alumnos adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización en todos os ámbitos: educativos, familiares ou de pracer.

Trátase de que o alumnado, ao rematar a súa escolarización obrigatoria, alcanzara unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van dende o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada; todo isto tendo en conta a situación xeográfica, social e persoal do alumnado, o tipo de alumnado, a formación do profesorado e as infraestruturas dispoñibles no centro.

Dende a área de Relixión contribuímos ao logro destes obxectivos mediante a realización de diversas actividades cos nosos alumnos, aínda que nos atopamos ás veces coas limitacións de infraestruturas no centro. Entre outros, os nosos obxectivos son:

Contribuír a que os nosos alumnos aprendan a utilizar correctamente Internet.

Intentar que os nosos alumnos participen en foros relacionados coa materia.

Dar a coñecer e invitalos a utilizar páxinas Web relacionadas coa materia.

Obter, interpretar, elaborar e valorar a información de diversos tipos e opinións a través de Internet.

LIBROS DE TEXTO:

1º ESO: Siquem Religión (Javier Cortés e outros). Ed. SM

2º ESO: Siquem Religión ( Javier Cortés e outros). Ed. SM

3º ESO: Ithiel Relixión ( María Otero e outros). Ed. Rodeira

4º ESO: Ithiel Relixión ( María Otero e outros). Ed. Rodeira

1º BACH: Xerme Relixión ( Javier Cortés e outros) Ed. SM

Procedementos para a realización da avaliación inicial:

Na ESO:
Realizarase unha proba escrita específica a principio de curso. Os contidos desa proba serán os axeitados aos contidos mínimos do curso anterior da ESO que cada grupo de alumnos teña realizado.
No caso de 1º ESO os contidos da proba serán máis xerais e relacionados cos contidos de Relixión na Primaria.

Procedementos para acreditar os coñecementos previos:

No Bacharelato:
PARA:
USAREMOS:
Verificar comprensión de contidos
Capacidade de explicar o complexo
Examinar co alumno o traballo realizado
Capacidade de presentar información
Defensa dun tema

Probas orais
Entrevistas
Presentacións
Disertación

A capacidade da expresión escrita
O uso de  referencias
A habilidade para desenvolver un argumento coherente
Transferencia do coñecemento
Avaliación crítica de ideas
Redacción de pequenos ensaios e monografías.

METODOLOXÍA DIDÁCTICA:

Un criterio fundamental da metodoloxía en Relixión, tanto na ESO como no Bacharelato, é o de partir da realidade dos propios alumnos, auténticos protagonistas da aprendizaxe, para axudarlles a ser cada vez máis autónomos e capaces de desenvolverse por si mesmos.
Por iso é preciso partir do que eles coñecen e pensan sobre un tema concreto tratando de conectar cos seus intereses e necesidades. E así, dese xeito, propoñerlles unha finalidade clara para as novas aprendizaxes, que xustifiquen o esforzo e a adicación persoal que se lles vai esixir, favorecendo a aplicación e a transferencia das aprendizaxes relixiosas á vida cotián.

Ó mesmo tempo habemos de seguir o criterio dunha interdisciplinariedade:
A Relixión é unha materia que está íntimamente relacionada coas demais áreas curriculares. De aí a importancia da globalización procurando entrar en contacto coa cultura concreta, en diálogo aberto cos outros campos do saber. Dun modo especial coas áreas que van en procura dunha síntese coherente e integradora da personalidade do alumno.

Outro criterio básico é que ha de ser crítica para que aprendan a valorar o feito relixioso e a respectar a dignidade sagrada de todos os seres humanos.
Iso axudaraos a que descubran unha visión xeral do que supuxo e como influíu a relixión ó longo da historia e coñezan que ela foi un elemento integrante da cultura e da vida da humanidade.
Con ese criterio dunha crítica positiva adquirirán uns valores fundamentais para a interpretación, asimilación e vivencia da propia historia e do mundo obtendo unha visión harmónica da vida que lles posibilita ser máis felices e construtores de paz.

Outro criterio metodolóxico é o da pluralidade.
Faremos uso dunha pluralidade de medios, tales como análise, debates, exposicións,etc., para evocar experiencias, presentar contidos relixiosos e para axudar ó alumno a descubrir e a expresar con espírito crítico e construtivo o que foi descubrindo e, á vez, aprenda a respectar e valorar os criterios e as achegas dos demais e se vaia abrindo a unha sociedade pluralista.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN RECOLLIDOS NO PCC:

Á hora de avaliar se terán en conta os seguintes criterios:

EXAMEN LIBRETA ACTITUDE
TRABALLOS AULA ESFORZO

20% 30% 50%

A ASISTENCIA SERÁ OBRIGATORIA TANTO NA ESO COMO NO BACHARELATO PARA PODER SUPERAR A MATERIA.

MATERIAS PENDENTES

Seguiranse os criterios de avaliación contemplados, no D.C.B. e no D.O.G.A., segundo a orde do 21 de Decembro de 2007 sobre avaliación, promoción e titulación na E.S.O., como consecuencia do disposto no Real Decreto 133/2007 do 5 de Xullo. Publicado no D.O.G.A. do 7 de Xaneiro do 2008.

Os contidos son os reflectidos na programación de cada curso.

Os alumnos coa materia pendente do curso anterior serán avaliados polo profesor, para superar a materia terán que pasar tres convocatorias de exames, un cada trimestre, ou ben entregar un traballo periódicamente segundo o acordado co profesor.

Acción de contribución ao proxecto lector:

~De xeito principal esta asignatura participará no Plan Lector do propio Centro: a dinámica a seguir é a lectura e traballo de textos durante 15 minutos da clase.
O seu fin é ler, apuntar datos, realizar unha síntese e unha opinión persoal sobre cada asunto tratado. Na medida en que o Plan Lector de Centro o permita os libros serán do Departamento ou de Relixión da Biblioteca do Centro polo que non é necesario que os alumnos os merquen.
~ Lectura rotatoria en voz alta de xeito rotatorio e participativo dos alumnos de parte do tema a explicar.
~ Exercicios e prácticas de comprensión lectora da Biblia e dos seus xéneros literarios, preguntas sobre o lido, extracción da idea principal, etc. e realización de exposicións orais do texto traballado.
~ Lecturas e exposicións de ideas e opinións persoais así como interpretación de murais e traballos realizados polo alumno que contribúen ao desenvolvemento da expresión oral.

Acción de contribución ao plan TIC:

Na medida en que o Centro poida proporcionarlle a este Departamento as aulas de Informática e Audiovisuais tratarase de adicar un 40% do tempo da materia en cada curso ao emprego das TIC buscando unha maior interactividade e aplicación da web 2.0.

Dado que neste curso 2012-2013 se implementa o Proxecto Abalar, sobra dicir que en 1º ESO faremos unha procura axeitada dos recursos que tal Proxecto nos brinda. E nos outros niveis seguiremos actuando tal como os cursos anteriores en:

-Blogs de aula coa participación activa do alumnado.
-Visitas a sitios web oficiais da Igrexa (Santa Sé, diócesis, conferencia episcopal), a páxinas de contido bíblico ou relacionadas co voluntariado e o labor social da Igrexa.
-En relación cun dos obxectivos da programación, coñecer a través da rede a achega da Igrexa á nosa cultura e patrimonio artístico para o que Internet móstrase como un instrumento valioso nun campo que por excelencia é o da imaxe.
-Consultas e visitas a portais católicos tanto polo seu contido conceptual como pola posibilidade de coñecer foros de opinión, blogs e outros campos de comunicación expresión católicos.
-Uso de correo electrónico para informar aos alumnos da realización dalgunha tarefa e para recepción dos seus exercicios, actividades e traballos.
-Presentación de traballos nas aplicacións máis actuais da Web 2.0 na medida en que as posibilidades técnicas e a formación dos propios alumnos o permitan.

Acción de contribución ao plan de convivencia:
Na contribución ó Plan de convivencia esta materia de Relixión Católica ten moitísimo que aportar desde os valores que promove.
En todo  momento seguirá as pautas do Plan de Convivencia do Centro así como as indicacións do Departamento de Orientación e das Titorías.
Independentemente diso traballará constantemente aspectos propios da educación para a Paz, o respecto da Natureza, a solidariedade e todos aqueles indicadores xa reflectidos na programación de valores.
Ademais sempre esixirá:

~ Asistencia puntual e diaria ás clases.
~ Asistencia ó Centro cos materiais necesarios para as clases.
~ Respecto para as persoas que teñen crenzas distintas.
~ Diálogo cos que pensan de xeito diverso.
~Colaboración para a realización das tarefas propostas polo profesorado.
~Colaboración para a modificación da conduta do alumno ou alumna e seguimento nos cambios que se produzan.
~ Rexeitamento pacífico de todo tipo de violencia.
~ Escoitar para entender.
~ Compartir cos demais.
~ Respecto ós compañeiros e a todo o persoal do Centro.
~ Non permisión de actitudes racistas nin sexistas.
~ Moderación consumista e coidado da hixiene persoal.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

OBXECTIVOS:

Os obxectivos das actividades deste Departamento de Relixión son:
Procurar unha atención máis equilibrada e aberta o que provoca unha maior consideración das capacidades de autoestima persoal, de inserción social e de relación interpersoal.
Posibilitar un maior achegamento entre profesor e alumno.
Estimular o traballo en equipo e favorecer os valores de solidariedade, apreciando o valor do distinto.
Facilitar a convivencia e integrar ós alumnos de distintas culturas.
Completar a formación relixiosa estudando a súa aplicación práctica.
Achegar aos alumnos á cultura relixiosa do seu entorno
Recoñecer os distintos símbolos e obxetos relixiosos cristianos
Levar a cabo actividades educativas conxuntas colaborando con outros departamentos

1º E.S.O.:
– Visita a algunhas parroquias ou centros de culto da cidade de A Coruña (medio día)

2º e 3º E.S.O.:
– Visita a Santiago ( Museo das Peregrinacións, Catedral, Fundación Barrié
“ Coro Pétreo Mestre Mateo”, Exposición Galicia Dixital ), ( todo o día)

4º ESO, 1º e 2º Bach:
– Visita a catedrais e museos doutras dioceses galegas (todo o día)

Se engadirán á programación aquelas visitas que poidan xurdir ó longo do curso e que non se contemplaron ó inicio. Intentarase que non coincidan co terceiro trimestre.

Procedementos para avaliar a propia programación.
Os procedementos son os establecidos no artigo 18.4 do Decreto 133/2007 máis o Decreto 124/2007 así como a orde do 23 de xuño de 2009 pola que se amplía a oferta de materias optativas do Bacharelato e se establece o seu currículo (DOG do 1 de xullo).

Esta programación didáctica do Departamento de Relixión Católica desenvolve todos os apartados aos que se fan referencia na normativa sinalada.